Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Concello de Ourense aposta pola festividade do Magosto 2019, ampliando a súa programación de actividades co obxectivo de potenciar estas festas, animar á cidadanía para participar nelas e converter Ourense nun referente de actividade cultural e lúdica. O Magosto, festa representativa da cidade, estenderase desde o día 8 ao 11 de novembro cunha vintena de actividades entre as que destacan os concertos dunha selección dos mellores grupos galegos, como Brañas Folk, Susana Seivane, Leilía ou Vos de Abaixo, o Espazo Galaico que estará en Bispo Cesáreo, xunto co tradicional magosto popular, as actividades de animación de rúa e as dirixidas ao público infantil. O concelleiro de Cultura, Mario González, e o programador Álex Hermida presentaron a programación de actividades.

O Espazo Galaico é unha das principais novidades da programación. En Bispo Cesáreo as persoas que se acheguen poderán participar en visitas guiadas ao Laboratorio do tempo, presenciar recreacións da vida nun castro celta, exhibicións de esgrima, retratarse no photocall con vestimentas e armas da época galaica, ou participar en talleres de amuletos, bonecos, instrumentos musicais ou cómic. A festa terá un gran protagonismo da gastronomía, xa que coincidirá co concurso de petiscos Sabores de Ourense, locais de hostalería elaborarán menús especiais e as denominacións de orixe da provincia organizarán diferentes actividades e catas dos seus viños.

DOCUMENTACIÓN