Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

A Sala Valente acolleu esta mañá a presentación do certame “unha plataforma feita desde Ourense e para Ourense, cunha programación exclusiva e pensada para a cidade”, subliñaron en nome da organización Erick Jiménez, e Maruxa Salas, bailaríns e coreógrafos, que participaron na presentación xunto co concelleiro de Cultura, Mario González. O evento contará con compañías de 6 países e 9 comunidades autónomas españolas. Será no Auditorio Municipal de Ourense e estenderá o seu programa de formación ao Laboratorio Escénico Coop da Coruña o día 24.

Esta edición contará con artistas de Galicia, País Vasco, Madrid, Cataluña, Asturias, Valencia, Santander, Zaragoza, Granada, Costa Rica, Ucraína, Chile, Ecuador e Arxentina entre outros. Durante o Festival presentaranse 13 obras de creadores noveles Iberoamericanos.

O 21 e 22 de Novembro pola mañá, máis de 500 nenos e mozos da provincia de Ourense terán un programa exclusivo para eles, compartirán e poderán dialogar cos creadores sobre as súas obras. Eles outorgarán o PREMIO XOVE a unha das 10 obras semifinalistas do certame de creación de dúos e solos. Eles seleccionarán a súa coreografía gañadora, premio que se entregará o día 23 na Final do Certame.

Os días 21 e 22 ás 20.30 horas, terán lugar as Actuacións das dúas Semifinais do Certame. Nestas semifinais se seleccionarán as coreografías que pasarán á final e que actuarán de novo o sábado día 23.

O 23 de novembro ás 20.30 horas terá lugar a Final do Certame de Creación de Dúos e Solos en Danza Contemporánea onde concursarán as coreografías seleccionadas para a final. A coreografía gañadora será premiada co PREMIO SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2019 con Xira Costa Rica. Ademais se entregarán diferentes premios e bolsas entre os artistas participantes. Un dos premios outorgarao o público asistente ao certame, votará para seleccionar a súa coreografía preferida e entregarase o PREMIO DO PÚBLICO. O Certame Internacional de Coreografía Burgos & Nova York PREMIARÁ unha peza para que pase á semifinal de seu Certame en 2020, será o PREMIO Certamen Internacional de Coreografía Burgos - Nova York 2020.

Este mesmo día 23 e antes da entrega de premios poderemos gozar das Actuacións das Compañías Convidadas Victoria P Miranda, Milki Lee e Nacho
Cárcaba, gañador da pasada edición co Premio Sólodos En Danza / Ourense / 2018.

Outras actividades do Festival:

Mestres distinguidos impartirán clases maxistrais para estudantes de danza e talleres especializados para profesionais e público xeral.

O Festival organiza un Foro profesional, onde estarán presentes proxectos de Danza como Red A Cielo Abierto (Red de Festivales de Calle de España) e Festival Trayectos de Zaragoza.

+ INFO na páxina web do certame SoloDOS2019