Velaquí a programación do Auditorio Municipal de Ourense para os meses de decembro e xaneiro, con propostas tan atractivas como os espectáculos de Sara Baras, Ballet Nacional Ruso, Contraproducións, Concerto de Reis, Noites de Retranca, Bertín Osborne ou Fariña.
As entradas pódense adquirir en Ataquilla na sala Afundación na Praza Maior ou no despacho de billetes do Auditorio dúas horas antes da función.