Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Os humoristas Dani Mateo, Manuel Manquiña e David Perdomo e o cantante Bertín Osborne subirán esta semana ao escenario do Auditorio Municipal de Ourense. A primeira das propostas é Noites de Retranca, espectáculo de humor que no seu especial décimo aniversario chegará a Ourense o venres, 10 de xaneiro, ás 22:30 horas.

En palabras da compañía, “cumprir dez anos levando humor e risas por Galicia adiante merecen festexalo. Por primeira vez nestes dez anos, abrimos o noso espectáculo a artistas de "fóra" e, para facelo contaremos cun artista retranqueiro coma nós... Dani Mateo!!!” Un show con música en directo, a dos Fabulosos Weekend, e as actuacions de Manquiña, David Perdomo e Dani Mateo.

O sábado, 11, ás 20:00 horas, será o turno de Bertín Osborne, que chega a Ourense na xira de presentación do seu último traballo discrográfico: Yo debí enamorarme de tu madre, un espectáculo sorprendente de cen minutos e duración, acompañado dos seus músicos e os seus mariachis. Un show moi coidado e divertido onde o cantante andaluz repasará todos os seus éxitos musicais e as anécdotas máis graciosas da súa carreira.

As entradas, desde 16 euros para Noites de Retranca, e desde 45 euros para Bertín Osborne, pódense adquirir en A taquilla no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.