Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

A cidade de Ourense xa coñece a súa programación cultural de verán, a que se desenvolverá na Terraza do Auditorio -parte traseira, con acceso desde rúa da Canle- os meses de xullo, agosto e setembro.

Gonzalo Pérez, alcalde de Ourense, acompañado de Mario González, concelleiro de Cultura, e dun técnico municipal, foron os encargados de presentar o Verán Cultural, unha programación pensada para todos os públicos e na que se tomarán todas as medidas de seguridade necesarias: “Unha administración debe garantir as condicións sanitarias do público, pero tamén dos artistas e de todos os profesionais da cultura”, aseguraba o concelleiro Mario González.

O programa, de “transición” cara á normalidade “até que se poidan celebrar espectáculos masivos”, en palabras do alcalde, inclúe música de diferentes estilos (blues, folk, fusión, ópera), teatro e circo a cargo de compañías premiadas en certames nacionais e internacionais. Entre eles, o espectáculo de danza e pintura de Shakti Olaizola, ou o clásico de Shakespeare 'Moito ruído e poucas noces'.

As actividades comezarán ás 20:30 horas -salvo as de setembro, que se adiantan ás 20:00 horas-, espectáculos pensados para o aire libre e para que os asistentes poidan estar sentados. O lugar escollido é “estratéxico”, segundo o programador Manuel Freire, e permite dispoñer de camerinos para artistas, diferentes entradas e saídas para que non se apiñe o público, e mesmo para que poidan gozar da cidade no verán.

DOCUMENTACIÓN