Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

A Concellería de Cultura prosegue co programa do Verán Cultural, que esta semana inclúe -ademais das actividades da terraza do Auditorio, teatro e música- Jazz en directo no centro comercial.As actividades son gratuítas e dirixidas a todos os públicos. Recoméndase acudir con antelación e cumprir con todas as medidas hixiénico sanitarias -caso da máscara de protección- e distancia social.

  • Mércores 29 de xullo, 20:30h. Terraza do centro comercial Ponte Vella.

Diana Tarín e Alfonso Medela Trío. O pianista e compositor do Carballiño estará arroupado pola súa formación habitual e acompañado pola vocalista Diana Tarín.

  • Xoves 30 xullo, 20:30 horas. Terrazaza do Auditorio (rúa da Canle)

Superclown, da compañía Telón Corto. Unha proposta teatro - musical coa que se quere concienciar da importancia da reciclaxe na nosa vida diaria. Catro personaxes, heroes e pallasos que, a través da interpretación, van tendendo pontes cara á reciclaxe. Ensinarán a regra das catro R: reducir lixo, reutilizar envases e bolsas, reciclar materiais e recuperar para volver utilizar.

  • Venres 31 xullo, 20:30 horas. Terrazaza do Auditorio (rúa da Canle)

Tor Folk (foto). Despois de quince anos de experiencias musicais, xúntanse nese proxecto os irmáns Félix e Cástor Castro, Xosé Liz e Álvaro Iglesias. O seu repertorio está composto por popurrís de temas instrumentais tomados da tradición galega, con especial atención aos gaiteiros e músicos do interior. Melodías que veñen da recolleita dos seus membros, buscando temas orixinais de frauta de madeira e acordeón diatónico, así como estilos de toque de gaita.

Ademais, están abertos os seguintes espazos expositivos:

  • Museo Municipal de Ourense, rúa Lepanto

Os nosos fondos. A exposición contén importantes mestres da pintura e da escultura ourensá, caso de Prego de Oliver, Cándido Fernández Mazas, Luis Trabazo, Xaime Quessada, Antonio Quessada, Virxilio Fernández, Acisclo Manzano, Manolo Buciños, Xosé Cid, Vidal Souto, ou Alexandro, entre outros. Forman parte da colección de 1.306 obras de arte -pintura, escultura e debuxo- que se conservan e custodian no Museo Municipal.

Cromática, VI Bienal de Pintura Xove. Organizada pola Fundación Cum Laude, emprázase no segundo andar do espazo museístico.

Horario: de martes a sábados, de 11:00 a 13:30 e de 18:30 a 21:30 horas; os domingos, de 11:00 a 13.30 horas. Entrada: libre e gratuíta.

  • Sala Ángel Valente, rúa do Paseo, 20

Réplica, de Isidro Tascón. Mesmos horarios que o Museo

  • Espazo Expositivo Arturo Baltar, praza de San Cosme e San Damián

Belén de Ourense, de Arturo Baltar. Aberto de luns a venres de 11:00 a 14:00 h

  • Claustro de San Francisco

O claustro gótico, edificado na primeira metade do s. XIV, entre 1325 e 1350, é dun estilo gótico de forte tradición románica. Foi declarado Monumento Nacional en 1926. Pódese visitar en horario: de martes a sábado, de 11:30 a 13:30 horas e de 18:00 a 21:00 horas; os domingos, de 11:30 a 13:30 horas.