Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

A Concellería de Cultura programa esta semana, dentro do Verán Cultural, dúas actuacións de teatro xestual na terraza do Auditorio. As actividades son gratuítas e dirixidas a todos os públicos. Recoméndase acudir con antelación e cumprir con todas as medidas hixiénico sanitarias -caso da máscara de protección- e distancia social.

  • Xoves 6 de agosto, 20:30 horas. Terrazaza do Auditorio (rúa da Canle)

, de Xampatito Pato. Un personaxe obsesivo, cuadriculado e meticuloso. Un ser único na súa especie rodeado dun par de caixas que escapan ao seu control e coas que xoga para dar forma ao seu mundo. Do caos xorde un universo no que inventa risos, creando unha loucura cómica e transformándose nun ser cunha nova figura.

Nos últimos anos pasou polo Teatro Circo PRICE, Teatros del Canal, the Great State circus of Moscow, Le Channel Scène Nationale de Calais, Teatro María Guerrero e Teatro Alfil entre outros. Ademais do seu traballo en Pass & Company, o artista colaborou con Gandini Juggling, Ale Hop, Proyecto Sánchez, Pistacatro, Chipolatas...

  • Venres 7 de agosto, 20:30 horas. Terrazaza do Auditorio (rúa da Canle)

A LA FRESCA, de Anna Confetti. (Foto) Tres personaxes e unha cadeira xigante saen a tomar o fresco, xerando situacións cómicas no seu percorrido. Escenas cotiás e ao mesmo tempo surrealistas que, levadas ao extremo, se converten en cómicas. Visual e con poucas palabras, pero extremadamente divertido.

 

Ademais, están abertos os seguintes espazos expositivos:

  • Museo Municipal de Ourense, rúa Lepanto

Os nosos fondos. A exposición contén importantes mestres da pintura e da escultura ourensá, caso de Prego de Oliver, Cándido Fernández Mazas, Luis Trabazo, Xaime Quessada, Antonio Quessada, Virxilio Fernández, Acisclo Manzano, Manolo Buciños, Xosé Cid, Vidal Souto, ou Alexandro, entre outros. Forman parte da colección de 1.306 obras de arte -pintura, escultura e debuxo- que se conservan e custodian no Museo Municipal.

Cromática, VI Bienal de Pintura Xove. Organizada pola Fundación Cum Laude, emprázase no segundo andar do espazo museístico.

Horario: de martes a sábados, de 11:00 a 13:30 e de 18:30 a 21:30 horas; os domingos, de 11:00 a 13.30 horas. Entrada: libre e gratuíta.

  • Sala Ángel Valente, rúa do Paseo, 20

Réplica, de Isidro Tascón. Mesmos horarios que o Museo

  • Espazo Expositivo Arturo Baltar, praza de San Cosme e San Damián

Belén de Ourense, de Arturo Baltar. Aberto de luns a venres de 11:00 a 14:00 h

  • Claustro de San Francisco

O claustro gótico, edificado na primeira metade do s. XIV, entre 1325 e 1350, é dun estilo gótico de forte tradición románica. Foi declarado Monumento Nacional en 1926. Pódese visitar en horario: de martes a sábado, de 11:30 a 13:30 horas e de 18:00 a 21:00 horas; os domingos, de 11:30 a 13:30 horas.