Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Concello de Ourense desenvolve até o venres, 14 de agosto, a campaña de agasallo de libros á rapazada. Os nenos e as nenas poden achegarse até ese día a calquera das librerías participantes e escoller o libro que máis lles guste. Estew libro é un agasallo do Concello de Ourense como recoñecemento ao seu esforzo durante o confinamento e durante o curso escolar.

  • Para nenos e nenas empadroados no Concello de Ourense que naceran entre o 1 de xaneiro de 2002 e 31 de decembro de 2016
  • Un libro por cada neno ou nena, a súa elección
  • Recoller en calquera das librarías do Concello de Ourense que participan na campaña
  • O Concello cubrirá ata un máximo de 20 euros por crianza e libro, se o libro custa máis de 20 euros, a diferenza deberá ser achegada polo cliente.

Os menores de 14 anos deberán estar acompañados polos parentes ou por un titor legal.

Consulta a Listaxe de librarías e papelerías onde se poden recoller os libros (PDF)