Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

A Concellería de Cultura programa esta semana, dentro do Verán Cultural, actividades son gratuítas e dirixidas a todos os públicos. Recoméndase acudir con antelación e cumprir con todas as medidas hixiénico sanitarias -caso da máscara de protección- e distancia social.

  • Mércores 12 de agosto, 20:30 horas. Terraza do Centro Comercial Ponte Vella

ALFONSO MEDELA TRIO e DIANA TARÍN. Alfonso Medela é un recoñecido pianista e compositor do Carballiño. Profesor superior de Piano, é especialista en Jazz e Música Moderna, así como creador de máis dun cento de temas propios. Nestes concertos estará arroupado pola súa formación habitual e acompañado pola voz de Diana Tarín. Todos os públicos. Gratuíto.

  • Xoves 13 de agosto, 20:30 horas. Terraza do Auditorio (rúa da Canle)

CRUSOE, de Markeliñe - Markeliñe gosta dos textos clásicos e coñecidos para poñelos en escena. Xogarán cun náufrago solitario na súa illa para facer unha metáfora da vida. Crusoe aprenderá a comer polos seus propios medios e a relacionarse nun contorno diferente. Nunha illa solitaria verá como pasa o tempo e os barcos sen que ningún se deteña a recollelo.

  • Venres 14 de agosto, 20:30 horas. Terraza do Auditorio (rúa da Canle)

ZARZUELA MARINA, de Camerata Lirica. Adaptación escenificada de Emilio Arrieta. Unha lección de bel canto nesta obra puntal da lírica española. Trátase dunha historia de amor, en segredo, de Marina e Jorge, ela unha mociña orfa e el un mozo que chega a capitán de barco. Unha sucesión de equívocos e leas sentimentais, que afortunadamente rematan cun final feliz.

Ademais, están abertos os seguintes espazos expositivos:

Museo Municipal de Ourense, rúa Lepanto

Os nosos fondos. A exposición contén importantes mestres da pintura e da escultura ourensá, caso de Prego de Oliver, Cándido Fernández Mazas, Luis Trabazo, Xaime Quessada, Antonio Quessada, Virxilio Fernández, Acisclo Manzano, Manolo Buciños, Xosé Cid, Vidal Souto, ou Alexandro, entre outros. Forman parte da colección de 1.306 obras de arte -pintura, escultura e debuxo- que se conservan e custodian no Museo Municipal.

Cromática, VI Bienal de Pintura Xove. Organizada pola Fundación Cum Laude, emprázase no segundo andar do espazo museístico.

Horario: de martes a sábados, de 11:00 a 13:30 e de 18:30 a 21:30 horas; os domingos, de 11:00 a 13.30 horas. Entrada: libre e gratuíta.

Sala Ángel Valente, rúa do Paseo, 20

Réplica, de Isidro Tascón. Mesmos horarios que o Museo

Espazo Expositivo Arturo Baltar, praza de San Cosme e San Damián

Belén de Ourense, de Arturo Baltar. Aberto de luns a venres de 11:00 a 14:00 h

Claustro de San Francisco

O claustro gótico, edificado na primeira metade do s. XIV, entre 1325 e 1350, é dun estilo gótico de forte tradición románica. Foi declarado Monumento Nacional en 1926. Pódese visitar en horario: de martes a sábado, de 11:30 a 13:30 horas e de 18:00 a 21:00 horas; os domingos, de 11:30 a 13:30 horas.