Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

A campaña de agasallo de libros aos escolares que realizou o Concello de Ourense remata cun grande éxito de participación, tras chegar a máis de 8.470 nenas e nenos da cidade.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, valorou moi positivamente esta iniciativa, “pioneira en España”, que foi recibida con “grande entusiasmo polos nenos”, ao tratase dun premio polo seu esforzo durante o confinamento e o curso escolar. A campaña -dixo- contribuíu a apoiar o comercio local, achegando “unha cifra enorme” de persoas ás librarías da cidade. “Estamos tremendamente contentos e o tempo dirá se no futuro repetimos e facemos estas cousas ou outras mellores”, conclúe.

“Estamos moi contentos por esta campaña porque se achegaron ás librarías e retiraron un libro unha cifra enorme de persoas”, valora o alcalde, quen explica que “fomentamos a lectura entre os escolares e axudamos o comercio local que foi tremendamente golpeado pola pandemia, e metemos 8.000 persoas nas librarías”. A campaña “un libro desconfina a túa imaxinación” desenvolveuse desde o día 1 de xullo até o 14 de agosto, e contou coa participación de 35 librarías e papelarías da cidade, nas que cada neno ou nena podía elixir un título á súa escolla por un importe máximo de 20 euros; se o importe superaba esa cifra, a diferenza era achegada polo cliente.

O alcalde asegura que o libro “foi un premio para os escolares pola atípico fin de curso pola covid e tamén polo confinamento”, subliñando o grande “entusiasmo” da rapazada cando os seus país lles dicían que lles ían regalar un libro polo seu bo comportamento”. “É un orgullo ter provocado isto”, asegura o rexedor.

Pérez Jácome salienta que a campaña foi pioneira en España, tendo en conta que eran os propios nenos quen elixían o libro á súa escolla, achegándose a unha libraría onde cos seus datos a través dunha aplicación informática se determinaba se lle correspondía o libro, e o propio lector elixía o título que máis lle gustaba.

O alcalde subliña que esta iniciativa, “vai coa nosa filosofía de que os impostos teñen que ir para todo o mundo”, en relación aos 8.400 nenos que recibiron os seus libros.