As xornadas continuarán o mércores, 23 de setembro, con dobre cita:
- 20:00 horas. Conferencia: “Vicente Risco e a creación dun imaxinario galego”, a cargo de Iria-Friné Rivera Vázquez, historiadora da arte e fotógrafa
- 21:00 horas. Presentación do libro “A orixinalidade radica na orixe. O concepto da imaxe galega na estética de Vicente Risco”, da editorial Doutor Alveiros. Intervirán Luis Martínez Risco, presidente da Fundación Vicente Risco, a autora Iria-Friné Rivera Vázquez, Felipe-Senén López Gómez, historiador da arte e museólogo
Ambas actividades serán na biblioteca pública de Ourense Xeración Nós, en San Francisco. O aforo: 20 persoas
A terceira e última cita será o xoves, 24, con dúas propostas:
- 20:00 horas. Conferencia “Vicente Risco, o oriente e o celtismo”, de Felipe-Senén López.
- 21:00 horas. Conferencia “A música e a danza nos compositores e artistas galegos dos anos 20 e 30”, de Ramón Rodríguez, músico e arquiveiro de Cantigas da Terra (A Coruña), tamén na biblioteca pública Xeración Nós. O aforo é 20 persoas