O Concello de Ourense, a través da Concellería de Cultura, desenvolverá no mes de novembro as seguintes actividades no Auditorio Municipal.
As entradas poderán recollerse en www.ataquilla.com, sala de exposicións Afundación e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
O aforo na situación actual sería de 30 persoas, si ben podería aumentar en función das medidas sanitarias que vaian adoptando as autoridades competentes.
Xoves, 5 de novembro, ás 20.30h na Sala Principal: "Cinco Mulleres que comen tortilla”.
• Compañía: Señora Supina
• Obra teatral dirixida a público adulto.
• Entrada: 5€
Domingo, 8 de novembro, ás 12.00h, na Sala Principal: Pinconús.
• Compañía: Pinconús Teatro
• Obra Teatral dirixida a nenos e nenas.
• Entrada: 3€
Venres, 13 de novembro, ás 20.30h, na Sala Principal: "Rara avis".
• Compañía: Lila Teatro
• Obra teatral dirixida a público adulto.
• Entrada: 5€
Sábado, 14 de novembro, ás 19.00h, na sala principal: “A viaxe de José”
• Compañía: Grupo Fiadeiro.
• Obra músico-teatral dirixida a tódolos públicos
• Entrada: Gratuíta, até completar aforo
Domingo, 15 de novembro, ás 18.00h, na Sala Principal: "Os nenos da Variola”.
• Compañía: Pérez&Fernández
• Obra teatral dirixida a tódolos públicos.
• Entrada: 5€
Xoves, 19 de novembro, ás 20.30h, na Sala Principal: "Shakespeare en Berlin".
• Compañía: Arden Produciones
• Obra teatral dirixida a público adulto.
• Entrada: 8€
Domingo, 22 de novembro, ás 12.00h, na Sala Principal: "Un lugar chamado mundo".
• Compañía: Verdeveras Produccións artísticas
• Conto musical teatral, dirixida a público infantil.
• Entrada: 3€
Sábado, 28 de novembro, ás 18.00h, na Sala Principal: “Os Bolechas”.
• Obra dirixida a nenos e nenas.
• Entrada: Gratuíta, até completar aforo.
Domingo, 29 de novembro, ás 12.00h, na Sala Principal: "Rosalía".
• Compañía: Culturaactiva
• Obra teatral dirixida a público infantil.
• Entrada: 3 €
Asemade, os días 25. 26 e 27 de novembro celebrarase o V Ciclo Lírico da Cidade de Ourense, no Auditorio Municipal.
Mércores, 25 de novembro, ás 20.30h, na Sala Principal: “En terras alleas”. Cen anos de música viaxeira.
• Intérpretes: Delia Agúndez (soprano), María Alejandra Saturno (viola de gamba) e Alicia Lázaro (laúd)
• Entrada: 8€
Xoves, 26 de novembro, ás 20.30h, na Sala Principal: “Os albores do Lied”. Beethoven & Schubert.
• Interpretes: Tobias Berndt (barítono) e Alejandro Picó-Leonis (piano).
• Entrada: 8€
Venres, 27 de novembro, ás 20.30h, na Sala Principal: Homenaxe ao Ano Nós. Concerto con textos de Pedrayo, Risco e Cuevillas, así como outros de Rosalía de Castro, Eugenia Osterberger, ou Curros Enríquez
• Lírica galega
• Interpretes: Nuria Lorenzo (mezzosoprano) e Alejo Amoedo (piano).
• A noite rematará cunha estrea, un regalo de Juan Durán, premio Raíña Sofía de composición, “Tríptico rosaliano”, sobre poemas de Rosalía de Castro.
• Entrada: 8€
Por último, desenvolveranse no mes de novembro dous actos do ciclo Enclave de Cámara, tamén no Auditorio Municipal:
Xoves, 12 de novembro, ás 20.30h, na Sala Principal: Concerto do Dúo del Valle.
• Interpretes: Victor e Luis del Valle.
• Entradas: 8€
• INFO na web do ciclo: aquí.
Domingo, 22 de novembro, ás 20.30h, na Sala Principal: Concerto do Dúo Cassadó, para festexar á Patroa da Música
• Interpretes: Damian Martínez Marco (violonchelo) e Marta Moll de Alba (piano)
• Entrada: 8€
• INFO na web do ciclo: aquí.