Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Blues Time

Circo e música blues, na terraza do Auditorio,, e as exposicións dos fondos do Museo Municipal, a VI Bienal de pintura xove e Isidro Tascón, forman a axenda da Concellería de Cultura do Concello de Ourense para esta semana na cidade.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Cultura, Mario González, visitaron esta mañá a libraría Nobel para supervisar a campaña 'Un libro desconfina a túa imaxinación', coa que o Concello agasalla cun libro a todos os ourensáns nacidos entre o 1/1/2002 e o 31/12/2016.

Cartel dos concertos

O Concello amplía a oferta cultural de verán con catro concertos de Alfonso Medela Trío, acompañados por Diana Tarín, na terraza do Centro Comercial Ponte Vella.

Logo da exposición

O Museo Municipal ábrelle de novo as súas portas á cidade desde o martes 30 de xuño. Será coa colección de arte privada que custodia o Concello, 'Os nosos fondos'. Preténdese dar a coñecer aos propios ourensáns e a todo o público que veña a visitar a nosa cidade o importante patrimonio dos artistas locais: “Nun momento tan convulso coma o que estamos a vivir, é moi importante para a nosa identidade social e cultural amosar a colección de arte máis íntima dos nosos artistas máis destacados”, asegura Eva Torres, directora de Espazos Expositivos do Concello de Ourense.

Claustro de San Francisco

A Concellería de Cultura presentará no Claustro de San Francisco os libros gañadores dos Premios Literarios de 2019, o Risco de Creación Literaria e o de Poesía Cidade de Ourense. Será os días 18 e 25 de xuño, ás 20:00 h.

Cartel da campaña

Xa está en marcha a campaña 'Un libro desconfina a túa imaxinación' para agasallar cun libro a todos os ourensáns nacidos entre o 1/1/2002 e o 31/12/2016. Esta acción quere fomentar a lectura entre a mocidade ao tempo que axudar o comercio local e, concretamente, o sector libreiro, especialmente afectado polo peche decretado polo estado de alarma.

Terraza do Auditorio

A cidade de Ourense xa coñece a súa programación cultural de verán, a que se desenvolverá na Terraza do Auditorio -parte traseira, con acceso desde rúa da Canle- os meses de xullo, agosto e setembro.

Cartel do Enclave de Cámara

O Concello de Ourense pechou a programación da que será a oitava edición do ciclo de música Enclave de Cámara, que se desenvolverá desde o día 1 de outubro na cidade. O programa mantén os concertos que tiveron que aprazarse debido á pandemia da COVID-19 e incorpora dous máis, facendo un total de dez. Conmemorarase a festividade dos músicos, Santa Cecilia, cun concerto do Dúo Cassadó e rematará o ciclo ao aire libre, na Praza de San Martiño en xuño do 2021 con Hércules Brass.

O Concello de Ourense aprobou esta mañá, en xunta de goberno extraordinaria, as bases e a convocatoria do Premio Nós de relatos 2020, unha das actividades coas que a Concellería de Cultura quere incentivar a creación e publicación en galego no centenario da Revista Nós.

Explanada do Auditorio

A Concellería de Cultura do Concello de Ourense deseñou unha programación de actividades de verán adaptada á nova situación sanitaria, que pretende achegarlle ao público ourensán propostas de diferentes modalidades escénicas, sempre que a evolución da pandemia da COVID-19 e da desescalada prevista así o permitan. As propostas están pensadas para realizarse ao aire libre, de forma controlada, adaptándose ás normas de prevención ditadas polo goberno do Estado en canto ao aforo limitado, as distancias de seguridade e o uso de cadeiras, entre outras.