Os galardóns para as comparsas de máis de 10 compoñentes repartirán 2.100 euros: 900 euros para o vencedor; 700 para o segundo clasificado e 500 euros para o terceiro. As de menos de 10 compoñentes repartirán 900 euros (400, 300 e 200, respectivamente).
Haberá galardóns de 300 euros para as comparsas máis numerosa, graciosa e con mellor animación musical e 600 euros en premios para as carrozas.
Tamén se repartirán axudas económicas de diferente contía para as comparsas, segundo o seu número de compoñentes.