Durante a xornada do sábado, 1 de abril, e o domingo, 2, estarán instalados arredor do Parque de San Lázaro, os postos de rosquillas e lambetadas, tradicionais desta celebración
As actividades propias da festa serán o domingo. Ás 11.45 h haberá alborada cos gaiteiros "Gomes Mouro" e cabezudos polas rúas do Paseo, Santo Domingo e parque San Lázaro.
Ás 13:00 horas será a Queima das madamitas a cargo da Pirotecnia Josman.
O Concello inviste nesta festividade un orzamento total de 5.170 euros.
En canto aos actos litúrxicos, haberá misa na honra de San Lázaro, ás 11 da mañá na igrexa parroquial de Sto. Domingo e de seguido a procesión ata a Conventual dos PP. Franciscanos, aos que asistirá a Corporación Municipal.
Barrio do Peliquín
O barrio do Peliquín tamén celebra o San Lázaro, desde que na década dos anos 80 a igrexa que estaba no Parque de San Lázaro foi levada e reconstruída en Peliquín.
O sábado, 1, a partir das 21:30 horas, haberá verbena coa Orquestra La favorita, e o domingo, 2 pasarrúas cun grupo de gaitas, misa e procesión, e ás 18:30 horas baile infantil e ás 21:30 horas, festa co grupo Aramio.