Desde a inauguración do proxecto, foron múltiples as solicitudes de visitas guiadas e, entre as que se levaron a cabo, unha gran cantidade foron directamente atendidas pola propia artista, salientando todos os visitantes un contacto moi persoal e moi próximo aos diferentes.
Logo de 6 meses pechado pola adecuación do espazo a un novo elevador para así facilitar o acceso ao público eliminando barreiras arquitectónicas, o Museo Municipal abriu de novo as súas portas con Tempo, unha exposición que ocupa as tres plantas do devandito edificio histórico no centro e corazón do casco antigo da nosa cidade tal e como se fixera na inauguración do Museo exactamente 30 anos atrás.
Isabell Seidel continuou traballando no seu proxecto alén das obras expostas, e é a partir da afluencia de visitantes que xorde a posibilidade de ampliar a nova obra no marco do mesmo proxecto.
"Choiva", a nova serie de obras de acuarelas de Isabel Seidell, amosa un compendio de cores desde a máis íntima abstracción, e presentarase o xoves 5 de outubro ás 19:45 horas na sala I do Museo Municipal.