Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas


O primeiro destes concertos correrá a cargo do artista Indomable. Será na Praza de San Martiño o luns 25 de xuño ás 20:00 horas. O músico chega a Ourense despois de máis de 100 concertos e tras ser teloneiro de artistas coma Iván Ferreiro, Ángel Stanich ou Xoel López.
Un día máis tarde, o martes ás 20:00 horas a Praza de San Martiño acollerá o concerto da pianista María Mendoza, que presentará as súas composicións inspiradas en temas galegos.
O mércores 27 de xuño, ás 20:00 horas, será a quenda da francesa afincada en Galicia Camille Hédoun, que leva desde os 15 anos participando en bandas de jazz, electrónica e folk.
Unha hora máis tarde, a Praza de San Martiño acollerá a actuación do grupo “Los Bengala”. Guillermo Sinnerman coa súa guitarra, Borja Téllez á batería, conforma un dos proxectos de rock and roll máis excitantes do momento.
O xoves, 28 de xuño a Praza de San Martiño acollerá (20:00 horas) o concerto de Tachenko, mellor grupo nos premios da música Aragoneses e premio “Artes y Letras” concedido polo Heraldo de Aragón na súa última edición. Con seis albums e numerosos EP na súa discografía, conseguiron converterse nun clásico do pop cantado en español.
Ese mesmo día a Praza do Ferro (21:00 horas) recibe aos ourensáns The Phantom Dragsters. A formación, composta de guitarra (Diego Stringbreaker), baixo (David Lone Crusher) e batería (Marcos Speedfire), ofrecerá un concerto de aires surfeiros.
O venres, 29 de xuño, o compositor e guitarrista ourensán, Luis Fernández Delgado, De Vuelta, presentará o seu novo disco “A Tono” na Praza de San Martiño, ás 20:00 horas.
Na Praza do Ferro (21:00 horas) a música correrá a cargo de Aries, unha cantautora bilbaína autora dun pop alegre e hipnótico.
O sábado, 30 de xuño, Menage a Trois presenta na Praza de San Martiño (20:00 horas) o seu disco "Los amigos de lo ajeno”. Tras o éxito colleitado polo seu primeiro EP “Migajas”, agora lánzanse cun disco en directo, no que versionan temas de artistas tan variados como: Muchachito, Extremoduro, Fito, Sonámbulo ou Peret.
Ese mesmo día a Praza do Ferro (21:00 horas) acollerá un concerto de “electro-cumbia” a cargo do dúo galego Esteban e Manuel. O seu estilo bebe a partes iguais de ritmos latinos e tropicais, a orquestra de festa patronal e o marcado carácter que lle imprime o omnipresente efecto auto-tune nas voces.
As actuacións na Praza de San Martiño péchanse o domingo 1 de xullo, as 20:00 horas, co “Concerto Punkinfantil”, a cargo de Peter Punk e Brais das Hortas.
XXI Edición do Ourense Dance
Por outra banda, a Concellería de Cultura vén de confirmar que o venres, 29 de xuño, terá lugar a XXI Edición do Ourense Dance, que este ano ten como eslogan “Non ao acoso escolar, non ao bullyng”. É unha iniciativa que organiza Cadena 100 e que conta coa colaboración da Asociación Xuvenil Amencer. A partires das 23,00 horas o Xardín do Posío acollerá actuacións de diversos colectvios de Ourense. Este ano o evento ofrece aos seus asistentes a posibilidade de colaborar con Amencer nunha campaña a favor da alimentación infantil de nenos sen recursos, a través da doazón voluntaria de alimentos, concretamente dun kilo de arroz ou pasta.