Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas


Pola Praza Maior pasaron máis de 20.000 persoas, e Os Secretos (4.375) e Antonio José (3.625) foron os artistas con máis público
As actividades programadas no Xardín do Posío contaron coa participación de 5.400 persoas
Ourense, 2 de xullo de 2018.
Máis de 65.000 persoas participaron nos concertos e actividades propostas polo Concello de Ourense ao longo dos nove días das Festas de Ourense.

As verbenas na rúa Progreso foron a actividade máis concorrida. Segundo datos da Concellería de Cultura, máis de 32.500 persoas asistiron as actuacións das orquestras nos últimos catro días de festexos.

Os concertos da Orquestra Olympus (a madrugada do sábado ao domingo) e de París de Noia (a noite do domingo), foron as actividades máis numerosas destas festas, chegando a contar ambas coa presenza dunhas 10.000 persoas na rúa. A madrugada do venres ao sábado a Orquestra Panorama reuniu a 7.500 persoas; e o Combo Dominicano (na madrugada do xoves ao venres) a 5.000 asistentes.

Documentos