Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O expediente de honra incoado polo Concello de Ourense a prol da Coral de Ruada inicia o período de información pública. Desde o martes, 11 de outubro, ate o día 9 de novembro, todas as persoas e entidades que o desexen podarán participar no expediente, adherirse a el, achegar a documentación xustificativa dos méritos que estimen oportunos ou efectuar as propostas ou informacións que procedan para a xustificación dos merecementos da coral ourensá.

As adhesións deberán presentarse a través do Rexistro Xeral do Concello ou asinadas telematicamente. 

O Concello de Ourense, en sesión plenaria do día 8 de xuño de 2018, acordou, por unanimidade, aprobar a incoación de expediente de honra a favor de Coral De Ruada como recoñecemento ao labor levado a cabo ao longo dos 100 anos de existencia en prestixio da música galega e das tradicións, nomeando xuíza instrutora para as dilixencias á concelleira de Cultura, Belén Iglesias .

Segundo se pon de manifesto no expediente, o día 5 de outubro cumpriuse o centenario da fundación da Coral de Ruada, e o próximo 24 de xuño de 2019 cumpiranse cen anos da súa presentación ao público. Baixo a batuta do primeiro director, Daniel González, despois dunha longa tempada de reunións e ensaios dun grupo de amigos amantes da música, trataron e conseguiron crear unha masa coral própia adicada a música galega, capitaneados polo galeguista e creador literario Xavier Prado “Lameiro”·.

Desde os seus primeiros anos de vida acadaron éxito tras éxito en todo o país e América, recibindo numerosos e prestixiosos recoñecementos públicos e distincións, entre as que destaca a Garabata da Bandeira ou a praca de ouro do Centro Galego de Bos Aires, a bandeira do Concello de Ourense, a Medalla de Ouro do Liceo Ourensán, a Medalla de Ouro da cidade de Ourense, entre outras, ademais de ter gravado nos seus discos e interpretado en auditorios de todo o mundo as cancións máis fermosas e populares da nosa música.

Este é o modelo de solicitude de adhesión a expediente de honra modelo_expedientehonra.pdf