Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O grupo vocal italiano Odhecaton abrirá o día 15 de marzo a XII edición do Festival Internacional de Música de Ourense “Pórtico do Paraíso” cun concerto na catedral, ás 21 h. Será o primeiro dun total de 7 concertos que finalizarán coa actuación do cuarteto austrícao Vienna Clarinet Connection o día 24. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández e o director do festival Juan Enrique Miguéns presentaron o certame.

O Festival comezará o venres, 15 de marzo, ás 21.00 horas, coa actuación do grupo vocal de Italia Odhecaton. O sábado, 16, ás 19.30 h na igrexa do Mosteiro de San Clodio de Leiro actuará o grupo instrumental Os Músicos de Urueña (España). O domingo, 17, na igrexa de Santa María Nai actuará o grupo vocal e instrumental de Suíza e Italia, La Lyra e Pino de Vittorio, a partir das 20.30 horas. Neste mesmo lugar, o mércores 20 de marzo, ás 20.30 horas, actuará o dúo de percusión de Galicia Mbira-Dúo.
O festival continúará o venres, 22 de marzo, ás 20.30 horas, coa participación do quinteto vocal de Reino Unido Apollo5, na igrexa de Santiago das Caldas. O sábado, 23, ás 19.30 horas, será a quenda para o grupo vocal e instrumental de Italia Lareverdie, na igrexa de Santa Mariña de Augas Santas de Allariz. Por último, o cuarteto de clarinetes de Austria Vienna Clarinet Connection actuará no Teatro Principal, o domingo, 24 de marzo, ás 19.00 horas, poñendo o broche final a este Festival de música clásica.
O acceso aos concertos é libre, agás para o concerto de Vienna Clarinet Connection no Teatro Principal. As entradas pódense adquirir en www.ataquilla.com.

Toda a información na páxina web do XII Festival Pórtico do Paraíso