Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O espectáculo de danza Entresoños, da compañía de Fran Sieira, iniciará pasado mañá, xoves, unha fin de semana cargada de cultura no Auditorio municipal, que inclúe a estrea de Mariana, de Palmyra Teatro, no marco das actividades co gallo do Día Internacional das Mulleres, e unha nova cita co teatro infantil con E-book: As idades do libro.
EntreSoños (14 de marzo, 20.30h) é unha obra de baile e música tradicional galega de 70 min de duración, cun elenco artístico de 3 bailadores/cantadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijoó, ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos, e dende unha visión contemporánea a través dos ollos do director artístico David Vilariño, bailarín contemporáneo e coreógrafo.
Ao día seguinte estrearase a obra de teatro Mariana, orixinal de José Ramón Fernández e dirixida por David Ojeda, a cargo da Compañía Teatral Palmyra. Na obra, dentro da programación de actividades que organiza o Concello para celebrar o Día Internacional das Mulleres 2019, a actriz ourensá Lucía Álvarez meterase na pel de Mariana Pineda, a muller que se enfrontou ao rei Fernando VII. Será o xoves ás 20:30 horas con entrada é libre até completar o aforo.
Completará a semana a nova cita coa programación familiar do Auditorio dos domingos ás 12:00 horas, con E-book. As idades do libro, de Spasmo Teatro. A obra ofrece a máis fascinante e disparatada historia do libro e os seus protagonistas. Un espectáculo con vocación didáctica, educativa e moi divertida, que se adentra no apaixonante universo do saber, dos grandes descubrimentos e da evolución da escritura e os seus soportes até o día de hoxe, culminando coa aparición do E-book. Chea de retranca, os mellores efectos visuais e sonoros, e grandes doses de humor xestual a cargo Spasmo.
Ademais, desde o xoves, poderase visitar no Museo Municipal a nova proposta artística de Mónica Filgueira: Or@perucita / Taras.