Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Claustro de San Francisco comeza o martes 18 de xuño o seu horario estival, permanecendo aberto de 11:30 a 13:30 horas polas mañás, coma o resto do ano, e de 18 a 21 horas pola tarde, adaptándose ás horas de luz. Este espazo permanece aberto de martes a domingos, sendo o luns o día de descanso.

O Claustro de San Francisco, do século XIV, reabriuse ao público en xuño de 2013. Ademais das visitas de persoas e de grupos, o espazo acolle actuacións musicais, esgrima e danza, coma o Danza no Claustro deste xoves e venres.

O resto dos espazos expositivos mantense como segue:

- Museo Municipal, rúa Lepanto 8: de martes a sábado, de 11:00 a 13:30 horas e de 18:30 a 21:30 horas. Os domingos, de 11:00 a 13.30 horas. Luns, pechado.

- Belén de Arturo Baltar, praza de San Cosme e Damián. Abre polas mañás entre ás 12:00 e as 14:00 horas.