Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O concerto previsto de La Edad de Oro del Pop Español, que inicialmente estaba programado para a noite do luns, 24, trasládase ao mércores 26. Será no mesmo escenario, ás 23:45 horas.

Este cambio de axenda prodúcese por motivos técnicos alleos á organización, e obrigan a modificar os horarios do mércores. Así, o concerto de María do Ceo, que inicialmente estaba para as 22:30 horas, adiántase 30 minutos: Ás 22:00 horas actuará a artista galego portuguesa, e ás 23:45 o grupo que repasará os mellores temas do pop español das décadas dos 80 e 90.