Auditorio Municipal
Museo Municipal
Claustro de San Francisco
O Claustro do convento de San Francisco, ten planta rectangular con 63 arcos apuntados e 76 columnas dobles, excepto as catro primeiras e as cuatro últimas que son únicas e de fuste cuadrilobulado. É un claustro gótico de tradición todavía románica que ofrece unha riquísima colección de capiteis vexetais, zoomórficos (animales fantásticos e reales, coma centauros ou elefantes) e antropomorfos.
O convento ten sido reconvertido en centro cultural, albergue de peregrinos e sala expositiva de escultura do Museo Arqueolóxico.
Centro Cultural Ángel Valente
Museo de Arturo Baltar
O Belén de Arturo Baltar ten a súa orixe nun encargo que lle fixo ao escultor, no mes de outubro do ano 1967, a Asociación de Belenistas de Ourense presidida daquela por Amando Prada Castrillo.
Comezaba así o primeiro Belén de Arturo Baltar formado polas figuras principais do Portal: Xosé, María co neno no colo, o boi e a mula, un anxo, os tres Reis Magos... Que se presentou nos soportais da Casa do Concello.
Este xermolo de Nacemento vai medrando en esculturas cada ano con máis personaxes, grupos sociais, arquitectura civil e relixiosa, ambientación paisaxística... Xentes, edificios e lugares recreados nas vivencias do autor e que crianzas e maiores poden recoñecer no seu imaxinario.