Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

A compañía ourensá Sarabela Teatro estreará esta fin de semana no Auditorio a súa nova montaxe: “Crónicas do Paraíso”, con dúas sesións, o sábado 21, ás 21:00h e domingo 22 ás 20:00h. Esta mañá tivo lugar a presentación do espectáculo, na que participaron Mario González, concelleiro de Cultura, Sandra Quintas, xefa territorial da Consellería de Cultura e Turismo en Ourense, Gonçalo Guerreiro, director do espectáculo e Fernando Dacosta, responsable do texto.

“Crónicas do paraíso” é unha versión libre de ”As Crónicas do Sochantre” de Álvaro Cunqueiro. A trama orixinal de Cunqueiro sirve para dar forma a unha nova estructura narrativa habitada polo universo do crime. Manténse a liña xeral da historia do Sochantre de Crozon que a cambio de exercer as súas funcións musicais no funeral do fidalgo de Quelven recibirá deste un pomar de agasallo.

Un grupo de 5 personaxes interpretados por tres actrices e dous actores viaxa cara ao funeral do fidalgo de Quelven. Durante aproximadamente unha noite e un día, o tempo que dura a acción, confúndese a morte coa vida e o drama coa comedia.

A obra estrearase na cidade de Ourense e logo iniciará unha xira que a levará por diferentes cidades. As entradas, desde 5 euros, pódense adquirir na páxina web Ataquilla na sala de Exposicións Afundación e no despacho de billetes do Auditorio dúas horas antes da función.