Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Concello de Ourense e Xunta de Galicia avanzan nos preparativos para a próxima entrada en servizo da nova sede da Biblioteca Pública de Ourense no complexo cultural de San Francisco. Os concelleiros de Cultura, Mario González, e Infraestruturas, Miguel Caride, mantiveron esta mañá unha reunión con esta finalidade na sala de xuntas da Alcaldía con Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Cristina Rubal, subdirectora xeral de Bibliotecas, Sandra Quintas, xefa territorial de Cultura da Xunta en Ourense e Rosa Díaz, directora da biblioteca pública de Ourense.

Unha vez rematadas as obras de construción da nova biblioteca, por parte da Administración do Estado, e entregadas estas á Xunta de Galicia, o obxectivo da reunión era coordinar e achegar a máxima colaboración entre as administracións para a entrada en servizo deste novo equipamento cultural, antes de que remate o presente ano. A nova biblioteca formará parte dun complexo cultural no que se atopan tamén o Auditorio, a Escola Municipal de Música e Teatro, e as instalacións da Universidade Popular, e ao que o ano próximo, en torno aos meses de marzo ou abril, engadirase a nova sede do Arquivo Histórico Provincial.