Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

A Concellería de Cultura aposta por impulsar e potenciar os premios literarios de Ourense, e creará un novo certame a partir do próximo ano 2020. Trátase dun premio de relatos, ao que se poderán presentar obras escritas tanto en galego como en castelán. Este novo galardón únese ao Risco de Creación Literaria – que vai xa pola súa edición número 20-, e ao de Poesía Cidade de Ourense, o máis antigo de toda Galicia, que vai pola edición número 35. O concelleiro de Cultura, Mario González, anunciou esta novidade esta mañá no marco da presentación da obra gañadora do Premio de Poesía Cidade de Ourense 2018: Prender os fachos, compoñer os ósos, de Carlos Da Aira.

O Premio de Poesía Cidade de Ourense foi creado polo Concello en 1980, e no ano 1982 foi ampliado á lingua portuguesa con motivo do irmandamento asinado entre Ourense e a Cámara Municipal de Vila Real. En Prender os fachos, compoñer os ósos, o xurado salientou “un discurso despoxado de artificialismos mais presentando un conxunto de belas metáforas e un interesante vocabulario”. Unha obra _dí_ que “constitúe un exemplo de como é posible transmitir a mensaxe, denunciar, insinuar, dar o recado, usando para o efecto, a poderosa suxestión da palabra, ao final, ao final, unha das trabes – mestras da poesía”.

A edición do ano 2019 do premio de Poesía gañouna a boire nse Charo Lopes coa obra Álbum, cuxa presentación se realizará en 2020. En canto á outra convocatoria literaria do Concello, o Premio Risco, o prazo de presentación de obras rematou o día 20 de setembro e hai en total 20 exemplares presentados.

Outra das novidades que avanzou Mario González é que a partir de 2020 os prazos dos Premios Literarios uniranse e publicaranse e anunciaranse todos a principios de ano. A finalidade é aumentar o coñecemento e a participación. Posteriormente, o Concello organizará unha gala conxunta dos premios a finais de ano. Outras das novidades será a recuperación das entregas de libros de anteriores edicións dos premios literarias para darllas aos centros de ensino, bibliotecas e asociacións do Concello.