Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

A Concellería de Cultura do Concello de Ourense reforzará este ano a programación da actividades do Samaín, incorporando como novidade a organización da Noite da Santa Compaña, que servirá de colofón as actividades do día 31 de outubro. A proposta consiste na realización de distintas procesións que xurdirán desde varios puntos da cidade, percorrerán as rúas coas luces apagadas e finalmente confluirán nunha gran festa que rematará na Praza Maior.

Desde a Concellería de Cultura convídase aos grupos que o desexen a vestirse e sumarse ás procesións, recreando libremente o que para elas representa a Santa Compaña. Proximamente anunciaranse os percorridos e a programación concreta.

Para inscribirse, débese enviar un correo electrónico á Concellería de Cultura (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.), especificando o nome da persoa responsable, o número de participantes e o contacto (teléfono).

A tradición da Santa Compaña

A Santa Compaña é na mitoloxía galega unha procesión de ánimas anunciadora da morte. Segundo a lenda, estas hostes percorrían as rúas dos lugares para advertir a aquelas casas onde habería unha defunción. Esta historia popular está profundamente arraigada na tradición cultural galega. Agora desde a Concellería de Cultura preténdese recrear cunha grande participación da xente para potenciar esta data tan significativa.

Carteis de Samaín e Magostos 2019

Ademais, a Concellería lembra que ata o día 10 de outubro está aberto o prazo para presentar traballos ao concurso para a elección dos carteis anunciadores das festas do Samaín e os Magostos