Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O concelleiro de Cultura, Mario González e o promotor do ciclo Carlos Carbonell presentaron esta mañá a sétima edición de Enclave de Cámara de Ourense, que comezará este xoves, 10 de outubro, as 20h no Teatro Principal, coa actuación do Cuarteto Talich e Noelia Rodiles (Chequia e España). O ciclo trata de achegar a música culta a toda a cidadanía, con 8 concertos que se sucederán desde outubro até xuño de 2020, mantendo a súa programación o primeiro xoves de cada mes ás 20h.

En cada un dos concertos, un grupo ou artista de recoñecido prestixio aboradará un repertorio que nos levará pola historia máis significativa da música, desde Haydn até o máis contemporáneo, personificado no compositor de Ponteareas, Xabier Mariño, ao que o Enclave encargou unha obra para esta temporada que será estreada polo sexteto Airas Ensemble en abril.

O Enclave de Cámara aposta por ofrecer a maior variedade de propostas posibles, desde dúos a tríos clásicos e con piano, non esquecendo o cuarteto de cordas clásico. Ademais do Teatro Principal, tamén acollerán concertos o Liceo (2) e o Auditorio Municipal, que será escenario do último, a cargo da Real Filharmonía de Galicia). O concelleiro de Cultura animou á cidadanía a acudir a estes concertos, destacando que “é un luxo” contar con formacións e artistas do nivel dos incluídos no programa.

PROGRAMA DO ENCLAVE DE CÁMARA


ANO 2019

XOVES 10 OUTUBRO | CUARTETO TALICH E NOELIA RODILES (cuarteto e piano) – Teatro Principal

XOVES 7 NOVEMBRO | SIMPLY CUARTET –Gañador do Concurso de Cuartetos de Bordeos 2019 - Liceo

XOVES 12 DECEMBRO | DMYTRO CHONI (piano) – Gañador do Concurso Internacional de Piano de Santander - Teatro Principal

ANO 2020

MÉRCORES 15 XANEIRO | CUARTETO BRENTANO - Teatro Principal

XOVES 6 FEBREIRO | ISABEL VILLANUEVA e FRANÇOIS DUMONT (viola e piano) - Liceo

MÉRCORES 1 ABRIL | AIRES ENSEMBLE (Sexteto) - Teatro Principal

XOVES 7 MAIO | DÚO DEL VALLE (dous pianos) - Teatro Principal

XOVES 4 XUÑO | REAL FILHARMONÍA DE GALICIA - Auditorio Municipal

Toda a información na Web de Enclave de Cámara