Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

As súas maxestades os Reis Magos de Oriente, percorrerán as rúas de Ourense este domingo para a ledicia da rapazada. A cabalgata sairá desde a Avenida das Caldas ás 18:00 horas, e desfilará repartindo 3.000 quilos de caramelos até a Praza Maior, emprazamento da fin de festa das 26 carrozas participantes. A temática elixida pola Concellería de Cultura serán os animais do mundo.

A cabalgata contará a historia da viaxe dos tres reis magos polo mundo ata chegar á cidade de Ourense. No seu periplo, foron atopándose animais fantásticos e marabillosos que decidiron acompañalos para coñecer as nenas e os nenos de Ourense. Unha narrativa construída a través das imaxes oníricas propostas nos espectáculos e animacións coas representacións de diversos animais, utilizando atractivas técnicas de construción escenográfica para representar o mundo animal.

Os elementos que compoñen esta cabalgata están deseñados para a constante interacción co público, de forma que as nenas e os nenos aperten, toquen e palpen estes marabillosos seres. A través deste espectáculo, o Concello quere achegarlles o mundo animal ás cativas e aos cativos de Ourense dunha maneira sá, ecolóxica e respectuosa co medio ambiente.

Máis de 300 persoas participarán activamente na Cabalgata facendo figuración. Ademais, técnicos municipais encargaranse de acompañar o desfile durante o percorrido, ademais de persoal de Protección Civil e Policía Local.

A cabalgata retransmitirase en directo a través dunha pantalla na Praza Maior, e da pantalla publicitaria instalada na praza do Bispo Cesáreo.

Máis información: Ficha_técnica_da_Cabalgata_2020.pdf