Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Enclave de Cámara presenta, este mércores 15 desde as 20.00 horas no Teatro Principal, o prestixioso cuarteto de corda Brentano Quartet. Formado por Mark Steinberg, Serena Canin (violíns), Misha Amory (viola) e Nina Lee (violonchelo), é a formación residente na Yale School of Music, onde sucederon o Cuarteto de Corda de Toquio.

Ademais de en Estados Unidos, onde residen, actúan en diferentes escenarios de Europa, Canadá, Xapón e Australia. O seu eclecticismo e desexo de ir máis aló das fronteiras dos clásicos repertorios de cuarteto de corda levounos a interpretar tanto renacentistas como primitivas pezas de música, madrigais de Monteverdi e Gesualdo, fantasías de Purcell e traballos seculares de Josquin des Prós. No campo contemporáneo, Brentano colabora regularmente con compositores coetáneos como Elliot Carter e György Kurtág, e interpreta traballos por encargo de Milton Babbitt, Chou Wen-Chung, Charles Wuorinen, Bruce Adolphe, Steven Mackey e Jonathan Dawe. Entre os acompañantes do Brentano estiveron Joyce di Donato, Vijay Iyer, Ignat Solzhenitsyn e Jonathan Biss.

Este cuarteto actuou, desde 2009, no Salón de Columnas do Palacio Real de Madrid, tendo a honra de tocar cos instrumentos da Colección Palatina de Stradivarius. Tamén participou en ciclos como Ibermúsica no Auditorio Nacional de Madrid, Palau de la Música de València, Sociedade Filharmónica de Bilbao, Auditorio de Barcelona, Auditorio de Tenerife, Auditorio Víctor Villegas de Murcia, a Sociedade de Concertos Alacant ou, con anterioridade, no propio Enclave de Cámara de Ourense.

Toda a información en Enclave de Cámara