Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Gañadora de premios tan prestixiosos como os Max ou os da feira de teatro infantil Fetén, destaca pola súa inusual maneira de traballar, proxectando novas visións escénicas da imaxinación e creando exquisitos espectáculos dirixidos ao público infantil e adolescente. Leva a escena historias sinxelas que a través do vestiario, a música, a luz, o ritmo e o movemento tamén saben involucrar o espectador adulto nun mundo fantástico que busca repetirse nos soños.

 

PLAY significa un novo e fresco punto e aparte na historia da compañía, é levada a escena por cinco bailaríns que traballaron xunto a Enrique Cabrera, director e alma impulsora de Aracaladanza, para construír un traballo baseado no xogo.

Sinopse- Non! Non se abre o pano ao comezar!. Antes hai que construír o escenario. E enchelo de coxíns. E colocar ao bailarín. E iluminalo todo. Entón e só entón, o escenario cobra vida, suspendido.
Para xogar á pita cega, ou para entrecruzar gomas e participar nun antigo videoxogo. Para saltar sobre o sofá, ou descubrir cisnes procurando o seu lago. Para seguir cans bailaríns que escoitan gatos ou encher a cabeza de aire. Para provocar fogos de artificio ou danzar todos xuntos. PLAY é unha festa sen respiro que contaxia ledicia, alenta o sorriso e comparte diversión. E o pano, está vez, tampouco se baixa. Porque a festa continúa despois....

As entradas, desde 8 euros, pódense adquirir en Ataquilla no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e no despacho de billetes do Auditorio dúas horas antes da función.

Toda a información en Web da compañía Aracaladanza