Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

A cita do mes de febreiro co Enclave de Cámara, este xoves 6 de febreiro ás 20:00 horas no Liceo de Ourense, reunirá dous dos músicos máis talentosos do panorama internacional da música clásica: Isabel Villanueva (viola) e François Dumont (piano). As entradas pódense adquirir en Ataquillaou no propio espazo, dúas horas antes da función.

Isabel Villanueva (viola) é unha das violistas máis importantes da nova xeración. Actuou como solista con orquestras en Europa, Rusia, Medio Oriente e China. Ela é pioneira na presentaIsabeñción de concertos en numerosos lugares onde a viola nunca fora programada como solista. En 2013 converteuse na primeira violista estranxeiras en realizar recitais en Irán. Está particularmente involucrada na nova música colaborando con compositores e obras escénicas, moitas dedicadas a ela, por S.Gubaidulina, M.Sotelo, G.Khayam, J.Cervelló, H.Khoury, T. Marco, J.Zárate e B. Olivero, entre outros.
Bohèmes, o seu primeiro álbum, foi gravado xunto a François Dumont en outubro de 2017 e recibiu premios de The Strad, Melómano de Ouro, Scherzo Magazine, Top 10 RITMO Magazine, e en 2018 foi galardoado co Mellor Álbum Clásico do Ano nos Premios MIN de Música Independente. En 2015 recibiu o recoñecemento institucional de Marca España como “embaixadora do talento español no mundo”.

François Dumont (piano) é gañador dos máis prestixiosos premios internacionais: o concurso Chopin, o concurso Raíña Elisabeth, o concurso Clara Haskil e o concurso de Montecarlo. Foi nomeado para un Grammy na categoría ‘solo instrumental’ e recibe o premio dos “Críticos da Música” como Revelación Francesa. Actuou coa Orquestra Nacional de Lión e Leonard Slatkin (con quen gravou os dous concertos de Ravel), coa Orquestra de Cleveland, a Orquestra do Teatro Mariinsky, a Orquestra Filharmónica de Montecarlo, a Orquestra Filharmónica de Varsovia, a Sinfónica de Toquio, a Orquestra de Cámara de Lausana con directores como Jesús López -Cobos, Antoni Wit, Arie van Beek, Philippe Bender e Stefan Sanderling, entre outros.

PROGRAMA

I Parte

Ludwing van Beethoven (1782-1827) | Sonata en La maior, Op. 69 n.º 3 para cello e piano (versión viola) [26’]

Allegro | Scherzo: Allegro molto | Adagio cantabile – Allegro vivace

II Parte

Mijaíl Glinka (1804-1857) | Sonata en La menor para viola e piano [17’]

Allegro moderato

Serguéil Prokókiev (1891-1953) | Cinco pezas do ballet “Romeu e Xulieta” (arr. Borissovsky) [26’]

Allegro moderato | Introdución | A moza Xulieta | Danza dos cabaleiros | Morte de Xulieta | Mercutio

Toda a información en Web de Enclave de Cámara