Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Concello amplía a oferta cultural de verán con catro concertos de Alfonso Medela Trío, acompañados por Diana Tarín, na terraza do Centro Comercial Ponte Vella. Serán os mércores 15 e 29 de xullo e os mércores 12 e 26 de agosto, ás 20:30 horas e de balde, pero con todas as medidas de seguridade garantidas. “Esta é unha cidade de jazz”, afirmaba o concelleiro de Cultura, Mario González, que non atopa espazo mellor para estes concertos que o elixido: “un espazo público, co río Miño e a Ponte Vella de fondo”.

Alfonso Medela é un recoñecido pianista e compositor do Carballiño. Profesor superior de Piano, é especialista en Jazz e Música Moderna, así como creador de máis dun cento de temas propios. Nestes concertos estará arroupado pola súa formación habitual e acompañado pola voz de Diana Tarín.

Gonzalo Pérez, alcalde de Ourense, concorda con que tanto o emprazamento coma os horarios son todo un acerto, e asegura que con este tipo de iniciativas “imos levar o microliberalismo ao mundo da Cultura”. É dicir, “que os cidadáns poidan escoller a cultura que queren de forma que se adapte aos seus desexos”.