Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O novo circo de Edu Manazas e o rock and roll setenteiro do grupo galego The Soul Jacket son as propostas para esta semana do Verán Cultural que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Ourense na terraza do Auditorio.

 

  • O xoves 3 de setembro, ás 20:00 horas, o clown Edu Manazas presenta “Fóra de stock”, un espectáculo que fala de soños, de esperanzas, de ilusións, da vida, da túa vida, de vivila, do xogo... Unha oficina, un almacén, unha fábrica... Traballo, ingresos, gastos, balances, inventarios, beneficios, perdas... Un espectáculo sobre o traballo, as persoas e a súa relación, cheo de ilusións e de desexos. Narrado en clave de circo, malabares, acrobacias e moitos soños.

 

  • O venres 4 de setembro, ás 20.00 horas, actuará na terraza do Auditorio The Soul Jacket. A banda naceu tocando cancións inspiradas polo son do rock & roll americano e británico de primeiros dos setenta, pero foi a voz do seu cantante, cun aspecto puramente soul e afroamericano, o que a levou a bautizarse como The Soul Jacket. En dez anos de carreira e con varios álbums no seu currículo, están considerados como unha das mellores bandas españolas. "Plastic Jail" é o seu último álbum.

Entrada gratuíta, con prazas limitadas e máscara obrigatoria.