Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O sábado 19 de setembro volve a festa histórica A Bela Auria para recrear o esplendor cultural de Ourense nos anos vinte do século pasado, xusto cando se compre o centenario da publicación do primeiro exemplar da revista Nós. Baixo o lema "Celebremos Nós", regresa desta volta con reberetes de festival literario.

- ENTRADAS, de balde, até unha hora antes do evento ou até a fin de existencias, AQUÍ

- PROGRAMA de A Bela Auria

O evento "non será outra homenaxe", vai visibilizar aspectos transversais e temáticas que aparecen en NÓS: "a infancia, as mulleres que participaron na revista, a sexualidade, a festa, a creatividade, a música", explica Óscar Penín, director do evento.

A organización orienta esta edición do evento dende unha óptica aberta e integradora. Traducións a lingua de signos, espazo amigable coas mascotas, espazo seguro libre de Covid-19, espazo sostible (uso de materiais reciclados e reciclables....etc), música e son sen estridencias, iluminación sen estridencias etc. con máis de unha ducia de horas de programación.

A Bela Auria recuperará un ano máis o Ourense clásico, o fervedoiro cultural que era a vida na cidade nos anos 20 do século pasado.

Conscientes das complicacións deste 2020, e as medidas impostas pola pandemia, a festa pensouse con actividades descentralizadas, espazos amplos, e control de aforos que permitan manter a seguridade do público. "Son moitas horas, hai oco para que todo Ourense atope A Bela Auria este día". Desde a organización instan a ir xa remexendo no baúl do faiado, na procura da mellor chaqueta, boinas e chapeus, faldras e boas de plumas. As mellores roupas para modear con estilo na elegante, xeitosa, e lucida cidade de NÓS, a esplendorosa Atenas de Galicia, que regresa no tempo.