Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

As Xornadas Vicente Risco e as vangardas históricas”, que organiza a Fundación Vicente Risco coa colaboración do Concello, comezarán hoxe, luns, 14 de setembro, ás 20:30 horas, coa proxección do filme “Berlín. Sinfonía dunha grande cidade”, de Walter Ruttmann (Alemaña, 1927) na Casa da Cultura de Ourense (local de proxección do Cine Clube Padre Feijóo), con música en directo a cargo de Caspervek Trío. O aforo para esta actividade é 40 persoas.

As xornadas continuarán o mércores, 23 de setembro, con dobre cita:

  • 20:00 horas. Conferencia: “Vicente Risco e a creación dun imaxinario galego”, a cargo de Iria-Friné Rivera Vázquez, historiadora da arte e fotógrafa
  • 21:00 horas. Presentación do libro “A orixinalidade radica na orixe. O concepto da imaxe galega na estética de Vicente Risco”, da editorial Doutor Alveiros. Intervirán Luis Martínez Risco, presidente da Fundación Vicente Risco, a autora Iria-Friné Rivera Vázquez, Felipe-Senén López Gómez, historiador da arte e museólogo

Ambas actividades serán na biblioteca pública de Ourense Xeración Nós, en San Francisco. O aforo: 20 persoas

A terceira e última cita será o xoves, 24, con dúas propostas:

  • 20:00 horas. Conferencia “Vicente Risco, o oriente e o celtismo”, de Felipe-Senén López.
  • 21:00 horas. Conferencia “A música e a danza nos compositores e artistas galegos dos anos 20 e 30”, de Ramón Rodríguez, músico e arquiveiro de Cantigas da Terra (A Coruña), tamén na biblioteca pública Xeración Nós. O aforo é 20 persoas