Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Concello de Ourense propón, para esta semana, unha axenda repleta de músicas de diferentes estilos e teatro para todas as idades.

  • O xoves 19 de novembro, ás 20.30h na Sala Principal do Auditorio, actuará a compañía Arden Producciones, representando a obra Shakespeare en Berlín. Trátase dunha peza Teatral destinada a todos os públicos. O prezo da entrada é de 8€.
  • O domingo 22 de novembro, ás 12.00 h. na Sala Principal do Auditorio, actuará a compañía Verdeveras Producións Artísticas, representando a obra Un Lugar Chamado Mundo. É unha peza músico-teatral dirixida a nenos e nenas. O prezo da entrada é de 3€.
  • O domingo 22 de novembro, ás 19.00h na Sala Principal do Auditorio, o Dúo Cassadó, Damian Martínez e Marta Moll de Alba, dará un concerto que forma parte do ciclo Enclave de Cámara, para festexar Santa Icía, Patroa da música. A entrada será de 8€.
  • Durante esta semana tamén se poderá acceder a diferentes espazos expositivos e exposicións:
    • Espazo expositivo de Arturo Baltar
    • Claustro de San Francisco
    • Museo Municipal: “Os nosos Fondos”, colección do Museo Municipal de Ourense
    • Praza da República, entrada Biblioteca Nós: “Construíndo o Universo dende Ourense”, exposición polo centenario Nós.
    • Sala Valente: “Os caprichos espidos”, Xosé Poldras.

O aforo máximo é de 30 persoas, sempre coas preceptivas medidas sanitarias -máscara de protección e hixiene de mans á entrada-. As entradas poden mercarse en ataquilla.com ou na propia billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

Máis información na web de Cultura do Concello de Ourense.