Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Concello de Ourense abre ao público dende hoxe a exposición “Reencontros e banalidades”, o proxecto fotográfico da ourensá Beatriz Durán, na sala III do Museo Municipal.

A presentación deste proxecto expositivo ten un interese temporal, posto que amosa 59 luscofuscos fotografados durante os 59 días de confinamento, no marco do estado de alarma iniciado o 14 de marzo de 2020 a razón dunha pandemia global que aínda, a día de hoxe, seguimos sufrindo.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, e a artista visitaron esta mañá a mostra, que desde hoxe se pode visitar no Museo Municipal.

Beatriz Durán, ourensá sensibilizada dun xeito moi especial, pola súa dedicación profesional, coa educación especial, formúlanos un proxecto solidario para así axudar a quen está sufrindo as consecuencias da pandemia, individual e colectivamente.

Este proxecto ten como finalidade amosarlles apoio e comprensión a aquelas persoas que o viviron dende a soidade, ás que sufriron problemas de saúde e as viviron outras situacións complexas.
Amais, este proxecto ten unha finalidade solidaria ao destinar a recadación das obras, simbólica, á Asociación Española Contra o Cancro.