Premio Sólodos en Danza: Alba Fernández Cotelo por ON
Premio do público: Alba Fernández Cotelo por ON
Premio Xove: Arnau Pérez por I'm not a kid anymore
Os premios
Os 400 estudantes dos diferentes Institutos da cidade que acudiron a ver as diferentes coreografías entregaron o PREMIO XOVE. Premio Xove é unha iniciativa, para que o público escolar seleccione unha coreografía que se presenta no Festival e sexa galardoada co premio do público máis novo.
Os cidadáns que acudiron ao Certame puideron seleccionar unha obra de danza que foi premiada co galardón Premio do Público "Nós Tamén", a través dunha acción participativa dirixida polo coreógrafo e bailarín Mikel Arístegui.
Durante o Certame Internacional de Dúos e Solos de danza contemporánea un xurado internacional seleccionou unha obra de danza para realizar unha xira por latinoamérica durante a primavera do 2018. Xurado Certame Sólodos 2017:
- Natividad Buil · Festival Trayectos Zaragoza e Red A Cielo Abierto / Rede de Festivais de España.
- Víctor López Carbajales · Xerente do Patronato Municipal de Artes Escénicas e da Imaxe de Zaragoza
- Victoria P. Miranda · Coreógrafa e bailarina
- Erick Jiménez · Codirector Sólodos En Danza
- Maruxa Salas · Codirectora Sólodos En Danza.
Artistas Finalistas do Certame: Alejandra Balboa, Arnau Pérez, Anna Sagrera, Helena Gispert, Diego M. Buceta, Irene García, Raquel Santacruz e Alba Fernández.
O Festival SÓLODOS EN DANZA é unha ponte de cooperación cultural entre dous continentes, América e Europa. Bailaríns e coreógrafos do mundo visitan a cidade de Ourense para disfrutar, compartir e bailar co público ourensán. Artistas de toda España, internacionais e locais presentaron os seus traballos entre o 22 e o 24 de novembro 2017 no Auditorio Municipal de Ourense, onde puidemos disfrutar de marabillosas coreografías creadas e interpretadas por novos talentos.