Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

A proposta gañadora do concurso do cartel do Entroido 2018, convocada pola Concellería de Cultura, é obra do deseñador ourensán Alexandre Prada Souto. O cartel, elixido de entre un total de 10 propostas, presentouse baixo o lema "Ourense Capital do Entroido". O xurado, composto por cinco técnicos municipais e polo artista Rosendo Cid, escolleu o gañador por unanimidade.

O cartel de Alexandre Prada pon en valor un dos actos máis participativos e lúdicos do Entroido, como é o enterro da sardiña, contextualizado na cidade a través da presenza da Ponte Maior e da auga. O cartel está materializado cun ton alegre e moi colorido, características propias destas datas festivas.