Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Concello informa do dispositivo de tráfico con motivo do desfile de Entroido

Itinerario (rúas do percorrido): Saída.-Comisaría,Curros Enriquez, Concello, Xoán XXIII, Progreso, Alameda, C/ Doutor Marañón e Praza Maior.

Horario:

·Saída prevista ás 17´00 h.

·Corte de Tráfico ás 16´00 h. accesos a C/ Angel Barja, Mestre Vide, para logo cortar o tramo lindeiro de C/ Otero Pedrayo ( desde Glorieta do Afiador ata Glorieta Curros Enriquez).

·Corte de Tráfico do Circuíto ás 16´30 h.

· Os dous cortes de tráfico quedan supeditados á afluencia de público polo que poderían adiantarse os horarios dos cortes.

·Avd. da Habana cortarase desde Avd. de Buenos Aires, C/ Valle Inclán e C/ Cardeal Quevedo (esta rúa córtase desde C/ Celso Emilio Ferreiro)

·O acceso a Progreso, desde a C/ Pardo de Cela, cortarase fronte ao Pavillón de Deportes e o acceso a C/ Pardo de Cela desde Avd. da Ribeira Sacra e desde Glorieta Basilio Alvarez (Ponte Milenio)

·O acceso a C/ Progreso desde o Xardín do Posío quedará cortado en C/ Progreso-C/ Marcelo Macías.

·O acceso a Ponte Nova cortarase na intersección con Alfredo Brañas.

Recomendacións:

MOI IMPORTANTE.- Pedimos aos cidadáns que acudan a presenciar o Desfile, que sigan as indicacións tanto da Policía Local como de Protección Civil

Tamén pedimos aos condutores que traten de evitar circular ou acceder ao circuíto, momentos antes dos horarios previstos nos cortes de tráfico; en caso de necesidade, traten de facelo por itinerarios alternativos que deben ter previstos antes do evento.