Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Auditorio municipal de Ourense acollerá o sábado, 3 de marzo, ás 20:30 horas a estrea de “Sénior”, a nova produción de Culturactiva. A obra une sobre o escenario a dous grandes das artes escénicas galegas: Luís Iglesia e Marcos Orsi, para planear “unha reflexión en clave de humor acerca das problemáticas típicas dos cincuenta anos”, en palabras de Luís Iglesia.

O texto, orixinal e dirixido por Avelino González, aborda temas como a saúde, o desemprego ou a necesidade de usar lentes, entre outros, propios desta etapa na que “es demasiado novo para ser vello e demasiado vello para ser novo”, en palabras de Iglesia. “A cuestión é non chorar -dixo pola súa banda Marcos Orsi-, e falar do ben que se está nesa idade, na que tes experiencia e tes forza”.

A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, o programador do Auditorio, técnico Manuel Freire e os dous actores presentaron a obra no salón de plenos do Concello. A concelleira salientou a boa resposta de público que está a acadar o espazo municipal nos espectáculos programados, e puxeron en valor a satisfacción do Concello de que a primicia desta obra sexa na nosa cidade.

Durante esta semana, o auditorio acollerá espectáculos tan atraentes como a obra “Elisa e Marcela” de A Panadería,  o xoves, 1 de marzo, ás 20:30 horas. Interpretada por Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, conta con 6 nominacións aos premios María casares, incluída mellor obra, dirección e actriz.

O venres 2, ás 18.00 horas, a sala apego acollerá “Contos do Chupete”, de Migallas Teatro, para bebés de ate 3 anos.

O sábado ás 20:30h será a quenda de “Sénior”, de Culturactiva e o domingo, 4, o doa programación infantil, con “Peter Pan e Wendy”, de El perro azul, ás 12,00h.

As entradas pódense adquirir a través de www.ataquilla.com