Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas


A maiores, xa están á venda as entradas para os concertos de Rosendo Mercado, ao que teloneará o grupo ourensán Mitocondrias, e de DVICIO, a través da plataforma de venda online ataquilla.com
Festa Paint Party
Por outra banda, a Concellería de Cultura vén de confirmar a celebración do Festa Paint Party, un festival de DJ´s e pintura para todos os públicos, especialmente público familiar, dirixido por Chito DJ e un recoñecido animador. O espectáculo celebrarase en dúas sesións: de 12.00 a 14.00 horas, e con carácter gratuíto, o Midgnigth Paint Party Kids. Desde as 15.00 horas até as 23.00 horas, o Midgnigth Paint Party: Unha festa que percorreu medio mundo e agora chega a Ourense con artistas como Luka Caro, Groove Amigos, The Prieto brothers, ou BLVCDR.
O prezo das entradas será de 5 € para as 1.000 primeiras que se vendan, 8 € para as 500 seguintes, e 12 € as restantes, máis gastos de xestión. Poderanse adquirir a través do espazo web www.woutick.es.