Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco abren a convocatoria do décimo noveno Premio Risco de Creación Literaria, coa fin de abranguer os diferentes campos da obra Vicente Martínez-Risco e a do seu fillo Antón Martínez-Risco. Os textos a presentar deben de ser de xénero narrativo: poderán presentarse novelas, conxuntos de relatos ou ensaios; quedan excluídas da convocatoria, polo tanto, teses académicas ou traballos especificamente científicos, que teñen o seu ámbito propio no Premio Vicente Risco das Ciencias Sociais. O prazo de entrega remata o venres día 21 de setembro de 2018 e o lugar de presentación será no Rexistro Xeral do Concello de Ourense (Praza Maior, 1-Ourense 32005).

Segundo establecen as bases, poderá concorrer a este premio calquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en lingua galega, de acordo coa normativa oficial vixente e cunha extensión mínima de 150 folios e máxima de 300. Os orixinais presentaranse por sextuplicado en soporte de papel en tamaño DIN-A4 mecanografados en letra tipo Times New Roman de corpo 12.

Para garantir o anonimato das obras, os orixinais irán acompañados dun único sobre pechado, que conterá a identidade do/a autor/a (nome completo, enderezo postal e electrónico e teléfono) e o título definitivo da súa obra, facendo constar no exterior, exclusivamente, o título ou lema da obra.

A obra gañadora será premiada con 6.000 euros e a publicación de 150 exemplares do libro -e o autor recibirá gratuitamente 25 exemplares da obra publicada-, e o premio sairá da da decisión dun xurado composto por cinco persoas escollidas entre personalidades recoñecidas do mundo da literatura, sendo a presidencia exercida pola persoa designada polo Concello, aínda que se a calidade literaria das obras no fose, segundo o criterio do xurado, estimable, premio poderá declararse deserto.

O XVIII premio 'Risco' de Creación Literaria recaeu na obra 'A simetría das bestas', do autor Alberto Ramos, e foi presentada nos actos do Día do Libro.