Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O concelleiro de Cultura, Mario González, e o técnico Anxo Saborido presentaron esta mañá o IV Ciclo Lírico Ourense 2019, que se desenvolverá os 3 próximos venres (15, 22 e 29 de novembro) ás 20.00 horas no Teatro Principal. Trátase dun “ciclo musical de calidade”, en palabras do concelleiro, que pretende achegar á cidadanía “unha proposta musical diferente á que en xeral non se pode acceder con tanta facilidade coma a outras”, explicou Saborido. O programa, explicaron, combina tres estilos diferentes e complementarios coa finalidade de que o público ourensán teña a oportunidade de tomar contacto coa variedade do xénero lírico.

Comezará o día 15 con lírica galega, da man da soprano Susana de Lorenzo e o pianista Alejo Amoedo, experto na recuperación de repertorio lírico galego.

Continuará o día 22, con lírica medieval, da man da formación Luz y Norte, formada por Víctor Sordo, tenor, Sara Águeda, arpa histórica e Calia Álvarez, viola de gamba. O programa Veo yo los ojos bellos está formados por tons humanos do barroco español e textos cervantinos.

A última cita, o día 29 será coa lírica internacional máis coñecida, co barítono Josep Ramón Olivé e o pianista Francisco Poyato, que interpretarán composicións de Schubert, Mahler, Strauss ou Tchaikovsy, entre outros autores.

As entradas pódense adquirir a través da páxina web www.ataquilla.com con prezos entre os 5 e os 8 euros, que pretenden facer este espectáculo accesible a todos os públicos.

Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e polo Teatro Principal.

Descarga: Programa do IV Ciclo Lírico (.pdf)