Gañadora de premios tan prestixiosos como os Max ou os da feira de teatro infantil Fetén, destaca pola súa inusual maneira de traballar, proxectando novas visións escénicas da imaxinación e creando exquisitos espectáculos dirixidos ao público infantil e adolescente. Leva a escena historias sinxelas que a través do vestiario, a música, a luz, o ritmo e o movemento tamén saben involucrar o espectador adulto nun mundo fantástico que busca repetirse nos soños.
PLAY significa un novo e fresco punto e aparte na historia da compañía, é levada a escena por cinco bailaríns que traballaron xunto a Enrique Cabrera, director e alma impulsora de Aracaladanza, para construír un traballo baseado no xogo.
Sinopse- Non! Non se abre o pano ao comezar!. Antes hai que construír o escenario. E enchelo de coxíns. E colocar ao bailarín. E iluminalo todo. Entón e só entón, o escenario cobra vida, suspendido.
Para xogar á pita cega, ou para entrecruzar gomas e participar nun antigo videoxogo. Para saltar sobre o sofá, ou descubrir cisnes procurando o seu lago. Para seguir cans bailaríns que escoitan gatos ou encher a cabeza de aire. Para provocar fogos de artificio ou danzar todos xuntos. PLAY é unha festa sen respiro que contaxia ledicia, alenta o sorriso e comparte diversión. E o pano, está vez, tampouco se baixa. Porque a festa continúa despois....
As entradas, desde 8 euros, pódense adquirir en Ataquilla no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e no despacho de billetes do Auditorio dúas horas antes da función.
Toda a información en Web da compañía Aracaladanza