Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Xacobeo 2020, dentro do seu programa descentralizado Xacobeo Cidades, traerá a Ourense un grande evento cultural e promoverá outros a través da participación dos colectivos locais. Así o fixo saber o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, na reunión celebrada esta mañá na Alcaldía de Ourense, e que contou coa participación do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o director da Agadic, Jacobo Sutil, e os concelleiros Jorge Pumar, Mario González e Flora Moure, así como da delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz.

O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, valora a discriminación positiva con Ourense, descentralizando a programación do Xacobeo. “A finais de xuño celebramos as festas patronais, pero desde maio a setembro ou outubro temos tempo para celebrar grandes eventos”, dixo. A Xunta de Galicia achegará o financiamento, mentres que o Concello se ocupará da loxística, segundo aclarou o conselleiro en rolda de prensa, propoñendo os mellores espazos dispoñibles a tenor do seu aforo ou das facilidades para a montaxe.

“Faremos un chamamento ao mercado para que a iniciativa privada ofreza o que pode ir ben para a cidade”, aseguraba Rodríguez durante a súa comparecencia. Así, os tres eixos da súa oferta son a “sustentabilidade, a descentralización e a participación”, aberta esta aos colectivos da base cultural local de a través de programas como “Ourense Emerxe” ou “Ourense importa”.

A base dos temas planeados esta mañá entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense é, en definitiva, “a de facer partícipes a todas as cidades galegas do gran acontecemento cultural que é o Xacobeo” a través dunha grande programación e do retorno económico para as urbes.