Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

A Concellería de Cultura do Concello de Ourense deseñou unha programación de actividades de verán adaptada á nova situación sanitaria, que pretende achegarlle ao público ourensán propostas de diferentes modalidades escénicas, sempre que a evolución da pandemia da COVID-19 e da desescalada prevista así o permitan. As propostas están pensadas para realizarse ao aire libre, de forma controlada, adaptándose ás normas de prevención ditadas polo goberno do Estado en canto ao aforo limitado, as distancias de seguridade e o uso de cadeiras, entre outras.

O espazo no que se levarán a cabo é a explanada do Auditorio Municipal. Un enclave que “queremos converter en símbolo cultural este ano”, sinala o concelleiro Mario González, quen destaca a condición de centro da actividade cultural da cidade que ten esta contorna, onde ademais do Auditorio Municipal ou a Escola de Artes Escénicas, atópase a nova sede da Biblioteca, entre outros equipamentos.

A programación está pensada para os xoves e os venres do meses de xullo e agosto e a primeira quincena de setembro. O programa constará de teatro, circo e música para un público adulto como para un público familiar.