Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Xa está en marcha a campaña 'Un libro desconfina a túa imaxinación' para agasallar cun libro a todos os ourensáns nacidos entre o 1/1/2002 e o 31/12/2016. Esta acción quere fomentar a lectura entre a mocidade ao tempo que axudar o comercio local e, concretamente, o sector libreiro, especialmente afectado polo peche decretado polo estado de alarma.

Poderase adquirir o libro en calquera tenda de libros da cidade sempre que estea dada de alta no sistema informático específico que ten o Concello de Ourense. Os menores de 14 anos deberán estar acompañados polos parentes ou por un titor legal.

Bases da campaña

  • O rango de datas para optar á campaña é de crianzas nadas entre o 01 de xaneiro de 2002 e o 31 de decembro de 2016.
  • O Concello cubrirá ata un máximo de 20 euros por crianza e libro, se o libro custa máis de 20 euros, a diferenza deberá ser achegada polo cliente.
  • Soamente pode collerse un libro.
  • Están excluídos os libros de texto escolares.
  • Esta promoción só é válida para as crianzas empadroadas no Concello de Ourense.
  • As datas de inicio e fin da promoción é dende o mércores 1 de xullo de 2020 até o venres 14 de agosto (incluído) de 2020.


O Concello de Ourense facilitará, para a identificación das crianzas que opten a este libro, unha plataforma web onde o libreiro poderá consultar se a crianza pode ou non optar á compra do libro, e no caso de poder optar, deberá rexistrar a venda.